Quen vimos sendo...
2.0 Editora é unha editorial dixital. O material que editamos combina os soportes tradicionais e os novos soporte dixitais. Editamos produtos textuais en formatos accesibles para ebooks, móbiles, e sempre adaptados ao concepto de páxina tradicional e aos novos conceptos de páxina dixital e as súas diferentes necesidades, ben sexa en producións de tinta impresa, de tinta dixital, de tinta electrónica ou de textos para o oído (podcasting).
A nosa forza reside na capacidade de adaptación e edición das producións textuais a diferentes formatos de publicación.
A nosa liña editorial
2.0 Editora ten como obxectivo publicar en formato dixital contidos de diferentes materias, de todos aqueles autores e editoriais que sintan a necesidade de facer da Internet unha das súas canles de distribución.
Seleccionamos textos literarios, científicios, técnicos, empresariais, didácticos, que acheguen un valor ao mundo da cultura, da ciencia, da empresa e da formación, e que
Publicamos baixo o tipo de licenza que o autor desexe.
Achegamos o noso apoio editorial e informamos sobre as principais carencias detectadas nos textos recibidos.
2.0 Editora non é unha plataforma de autoedición e autopublicación. Todos os textos deben pasar un proceso previo de selección e o noso equipo encargarase de dialogar co autor/editor sobre a idoneiadade do encaixe nunha colección determinada.
Que xéneros entran na nosa política?
- Literatura: narrativa, poesía, teatro.
- Ensaio.
- Investigación académica.
- Tecnoloxía e empresa.
- Comunicación e lingua.
- Fotografía.
Os nosos servizos
2.0 Editora produce os seus propios textos e presta servizos a outras entidades e editoriais con necesidades de edición específicas.
- Packaging editorial
- Deseño de produtos dixitais
- Promoción e distribución dixital na Internet
Adapte os seus produtos aos novos contornos e a contornos específicos.
Préstame o reloxo e direiche que hora é
2.0 Editora prestamos servizos de deseño e promoción a outras editoriais para que os seus produtos cheguen aos seus públicos dun xeito efectivo a través das novas canles abertas no escenario da Internet.
- Consultoría sobre promoción e comunicación editorial
- Posicionamento (SEO, SEM, SMO) do web editorial
- Creación de comunidades de lectura
- Distribución dixital de libros



Presentación da obra: Martes 6 ás 20.00
á no Paseo da Alameda compostelá.







