This page has been designed specifically for the printed screen. It may look different than the page you were viewing on the web.
Please recycle it when you're done reading.

The URI for this page is { http://20editora.com/blog }

Ipad e prezo dos ebooks Posted on Febrero 25th

Apareceu a competencia para o famoso Kindle de Amazon, a librería virtual máis grande do mundo.

Jeff Bezos, máximo accionista do xigante norteamericano, apostou hai xa meses por un modelo de negocio baseado na venda de libros electrónicos a un prezo único (9,99 $), e chegou para iso a acordos coas empresas editoriais aínda a sabendas de que Amazon non obtería grandes beneficios, máis ben todo o contrario, a curto prazo.

Interesáballe popularizar o seu produto, un Kindle que xa vai pola súa segunda versión, e converterse en líder dun mercado emerxente.

Pero chegou Steve Jobs e o seu revolucionario Ipad, coa esperada noticia de que Apple ten pechados acordos con algúns dos máis importantes grupos editoriais para a venda a través da aplicación IBookstore. O vendedor obterá un 30% do PVP, prezo que fixará o editor (a quen Amazon si lle permite negociar o mesmo) e que segundo se anunciou en inicio podería estar, para as novidades, entre 12,99 e 14,99$.

E dicimos en inicio porque as últimas informacións que nos chegan din que a empresa de Jobs non descarta rebaixar o prezo fixzado polo editor para favorecer que o produto sexa máis competitivo. Refírese ás novidades, claro.

Semella por tanto, e salvo que esta prerrogativa de Apple non se convirta na regla, que a competencia non só non vai provocar unha rebaixa nos prezos senón que aumentará os mesmos.

As reflexións, dúbidas e estudos sobre o prezo dos ebooks veñen sucedéndose nos últimos tempos. A chegada do Ipad non fará máis que enriquecelas e quizais determinar o futuro.

Estaremos ao tanto e dende aquí informaremos.

Trackback URL
Leave your own comments about this post: