This page has been designed specifically for the printed screen. It may look different than the page you were viewing on the web.
Please recycle it when you're done reading.

The URI for this page is { http://20editora.com/blog }

Programa en galego para escribir novelas Posted on Febrero 25th

Vimos de coñecer, da man da páxina de Tati Mancebo, a existencia dun programa para escribir novelas. Trátase do YWriter, un software para organizar todo o proceso creativo de elaboración dunha obra narrativa: caracterización dos personaxes, das localizacións, distribucións dos capítulos e das escenas… É dicir, non é que programa nos vaia facer un best-seller el só, mais ben será unha ferramenta no traballo do novelista.

E, para os que volo esteades a preguntar, trátase de software de balde e en galego.

Nos estivemos a probalo e ten moi bo aspecto e resulta sinxelo de utilizar.

Agardamos que o probedes, que nos acheguedes impresións e nos comentedes se xa tedes en mente o voso próximo éxito literario.

Trackback URL
Leave your own comments about this post: