This page has been designed specifically for the printed screen. It may look different than the page you were viewing on the web.
Please recycle it when you're done reading.

The URI for this page is { http://20editora.com/blog }

Xa tardou! Posted on Febrero 25th

Un clásico fabricante de xoguetes e material infantil anuncia para o próximo verán a comercialización dun lector de libros electrónicos para nenos de entre 3 e 6 anos.

O novo lector distribuirase coas seguintes aplicacións: contos animados, reprodutor de xogos, libro de notas, estudo de arte, reprodutor de música, e mesmo álbum de fotografías.

Ao igual que asistimos á rápida popularización da telefonía móbil entre preadolescentes, asistiremos sen dúbida á xeneralización de aparellos de lectura en franxas de idade nas que aínda se está en proceso de aprendizaxe nos dous ámbitos: lectura e escritura. E pode que por esto último xurda algunha protesta e opinións encontradas. Aos profesores de hoxe, mesmo aos máis novos e adaptados ás novas tecnoloxías, cústalles pensar nun futuro no que os cadernos de caligrafía (o clásico Rubio) desaparezan e deixen paso a lápises e pantallas dixitais nas que os cativos escribirán as súas primeiras vocais. A idades algo máis avanzadas, metidos de cheo na Primaria, ensinan a facer blogs, a utilizar as novas ferramentas e a explorar a rede a eses auténticos nativos dixitais que con escasos tres aniños sabían xa manexar un ratón case de xeito instintivo, pero de aí a que os mestres renuncien aos cadernos, aos bolis e os lápises de toda a vida para aprender aos nenos a trazar letras por primeira vez hai un bo cacho. O de sempre é un sistema claramente eficaz, e xa sabemos que todo o novo asusta e xenera rexeitamento.

En todo caso, e atentos ao que ha de pasar no ámbito académico, non temos dúbida de que eses ansiosos país adictos á tecnoloxía non tardarán en adquirir para os seus cativos, «os máis modernos», un lector electrónico.

Trackback URL
Leave your own comments about this post: