Ideas Posted on Febrero 25th
Facémonos eco de varias iniciativas innovadoras que tocan, dunha forma ou outra, ao mundo do libro.
A primeira vén da man de Ikea, referente europeo no deseño e a distribución de mobiliario, que logrou popularizar hai anos un modelo de librería presente en oficinas e fogares de todo o continente. Ese deseño cumpre agora 30 anos e unha praia australiana converteuse o pasado 31 de xaneiro en escenario insólito da celebración do aniversario.

Ademais, con esta iniciativa colabórase coa Australian Literacy & Numeracy Foundation, fundación encargada da promoción da lectura nese estado, e para a que foron todas as donacións feitas a cambio dos libros expostos na praia-librería.
Por outro lado, achegámovos a unha proposta da empresa norteamericana Out of Print Clothing na que se mesturan a promoción do libro co deseño de “moda”, ámbitos históricamente afastados entre si pero que neste universo imperante da estética poderían confluír e facer máis migas que nunca: as camisetas literarias, ou fan-camisetas, que proclaman os gustos do que as leva e poden servir de inmellorable reclamo para a difusión dun título (aínda que as que temos como exemplo reproducen clásicos que non necesitan promoción ningunha). Pola venda de cada unha delas entregarase un libro á fundación Books for África.
E moito máis preto, chama a atención a campaña de promoción da lectura do Cabildo de Gran Canaria. Impactante imaxe, mensaxe directa e sinxela, lema provocador de empatía e directo á memoria… Parabéns por esta iniciativa (presente tamén en Facebook)
Ideas, ideas, ideas…



