This page has been designed specifically for the printed screen. It may look different than the page you were viewing on the web.
Please recycle it when you're done reading.

The URI for this page is { http://20editora.com/blog }

Editores en perigo? Posted on Febrero 5th

Non cesan as voces que ultimamente revisan a labor do editor tradicional no marco dun contorno marcado polos novos formatos, os contidos dixitais, a web social e as infinitas posibilidades que os creadores teñen de facer públicas as súas obras, ou polo menos intentalo, sen pasar por filtro ningún.

Defensas pechadas da necesidade de manter a figura do selector ou prescriptor (en suposto perigo pola democratización do acceso aos lectores propiciada pola rede), ese persoaxe idealizado ás veces coa aura do intelectual doutra época, apaixonado, erudito e carismático, capaz de conformar un catálogo de cabeceira e de que este se converta en referente para xeracións de lectores. Sen el, perderiase un rumbo necesario e os textos, inevitablemente, chegarían ao público imperfectos e nunha masa informe e desorganizada.

Por outra banda, as posibilidades que para o enriquecemento do conxunto dos actores xerará este novo contorno, e unha concepción do editor como figura que se encarga da selección pero tamén, e quizais fundamentalmente, da visibilidade da obra seleccionada, levan a outros a fuxir de augurios apocalípticos e apostar pola permanencia dunha figura que, lonxe de desaparecer, seguirá a ser imprescindible. A tremenda e crecente maraña de contidos así o require.


Trackback URL

One Response to “Editores en perigo?” :

  1. [...] temos falado neste blog da incerteza arredor da figura do editor e a súa importancia, mesmo a súa supervivencia, no novo contorno. Como non podía ser doutra [...]

    Commented LECTOR :: 20Editora Novas on Marzo 5th, 2010.
Leave your own comments about this post: