This page has been designed specifically for the printed screen. It may look different than the page you were viewing on the web.
Please recycle it when you're done reading.

The URI for this page is { http://20editora.com/blog }

28 de maio: o “Día do iPad” Posted on Mayo 27th

O xa familiar iPad, aínda que pareza mentira, estará dispoñible en España a partir de mañá, venres 28 de maio. E dicimos “aínda que pareza mentira” porque o certo é que a nosa sensación é a de que leva moito tempo xa entre nós, grazas, primeiro, á perfecta campaña de promoción oculta (rumores e máis rumores) á que nos ten afeitos Apple (e estamos falando de finais do ano pasado) e, despois, ao relato das experiencias, dos pros e contras atopados e da funcionalidade de cara á lectura (que é o campo que nos interesa) que fomos coñecendo nestes meses.

Non sabemos se será finalmente o revolucionario produto que agarda (ou teme) a industria editorial de cara ao definitivo despegue do libro electrónico, pero, en calquera caso, a curiosidade por probalo xa está xerada. Compartimos experiencias?

Trackback URL

One Response to “28 de maio: o “Día do iPad”” :

  1. Eu coido que é un “timo” existen produtos de mellores características e mellor prezo, e poño timo entre aspas por mor de que non apuntan a ninguén para mercalo…o problema é que eles ben saben que no fondo somos compulsivos. Saúdos

    Commented An on Mayo 29th, 2010.
Leave your own comments about this post: